Chegamos ao fin do cuadrimestre, é dicir, rematamos con esta materia, lingua francesa e a súa didáctica.
Ao principio do curso tiña algo de medo, xa que só dera francés na ESO e pensaba que non tiña nivel suficiente para entender e poder realizar os traballos axeitadamente. Pero a verdade é que pouco a pouco íase entendendo todo e as cousas saían soas.
As clases teóricas (horas A) eran algo pesadas xa que se explicaba a teoría para facer as actividades. Ademais a isto sumábase que eran pola tarde, polo que todos nós estabamos cansos.
Nas horas prácticas (B) o profesor explicaba as tarefas que tiñamos que facer e tamén dos daba exemplos das mesmas. Cousa que servía de gran axuda para orientarnos mellor sobre o que había que facer.
As horas prácticas C dábaas outra profesora, con ela víamos vocabulario, e facíamos xogos para introducirnos na lingua francesa.
Por outro lado, todos os traballos desta materia están neste blog, xa que esa é a súa función principal. Ademais dos traballos no blog podemos escribir sobre recursos educativos, experiencias sobre as linguas, ou calquer cousa relacionada coa educación
dimanche 22 décembre 2013
mercredi 18 décembre 2013
Réflexion: TÂCHE 5
Pois chegamos a última tarefa do curso. Nesta tiñamos que elaborar un método de avaliación para avaliar as actividades que fixemos na tarefa 4 desta materia. No meu caso elaborei dúas rúbricas e un cuestionario que debe cubrir o alumnado. Ao principio non sabía que ía avaliar, pero despois de repasar as actividades anteriores decidín que debía ter en conta na avaliación a correcta ortografía, coherencia na expresión oral e escrita, etc.
Esta actividade foi algo complexa xa que había que ter en conta os obxectivos, os contidos, o nivel de lingua estranxeira que se lle esixía aos alumnos, e a partir de todo isto elaborar o tipo de avaliación.
Penso que esta tarefa é moi útil xa que cada un de nós, como futuros docentes teremos que avaliar aos nosos alumnos, debemos ter en conta os contidos que se traballan, os obxectivos que quedemos acadar, e que criterios imos avaliar. Esta actividade fixo que puxese en práctica todo iso.
Esta actividade foi algo complexa xa que había que ter en conta os obxectivos, os contidos, o nivel de lingua estranxeira que se lle esixía aos alumnos, e a partir de todo isto elaborar o tipo de avaliación.
Penso que esta tarefa é moi útil xa que cada un de nós, como futuros docentes teremos que avaliar aos nosos alumnos, debemos ter en conta os contidos que se traballan, os obxectivos que quedemos acadar, e que criterios imos avaliar. Esta actividade fixo que puxese en práctica todo iso.
jeudi 12 décembre 2013
Le voyage en Belgique
Boas a todos. Quería contarvos a miña primeira experiencia co francés nun contexto real. Vou resumir bastante porque senón levaríame moito tempo escribir todo e acabaría necesitando varias entradas.
Cando cursaba 1º de bacharelato (no ano 2010) tiven a oportunidade de ir a Bélxica de intercambio. A verdade é que ao principio dábame algo de medo ir, xa que como sabedes neste páis fálase francés, e eu solo cursara dous anos desta lingua. A pesares da dúdibas decidín ir de intercambio.
Ao chegar alí sentiame algo desubicada, sobre todo o primeiro día, polo tema de non entender moi ben o idioma. Pero conforme ían pasando os días xa ía collendo máis soltura e resultaba máis doado. A familia que me acolleu era encantadora, como todas as persoas coas que me relacionei eses días.
Outra das cousas boas foi ver os lugares tan fermosos que ten Bélxica, como a cidade de Bruxas (sen lugar a dúbidas o sitio máis bonito no que estuven ata agora), Bruselas, Waterloo, etc.
Durante eses días tamén me tiven que adaptar ao estilo de vida de alí. Ceábase moi cedo (comparado con España) polo que ías para á cama tamén moi cedo. Pola mañá madrúgase algo máis que aquí. Pero non só os horarios son diferentes, senon tamén as comidas, á hora de saír, etc.
A verdade é algo do que non me arrepinto, foi unha experiencia única e estaría encantada de repetila. Coñecín lugares e persoas xeniais, aprendín moito e estiven en contacto real co francés, unha lingua que me gustaría dominar á perfección.
TÂCHE 5. ÉVALUER
Boas a todos! Aquí vos deixo a miña última tarefa de esta materia. Espero que vos guste :)
Tâche 5. Évaluer from ainoaaa
Aquí vos deixo o formulario de autoavaliación do alumnado.
jeudi 28 novembre 2013
RÉFLEXION
Boas a todos :)
Xa estamos a piques de rematar o cuatrimestre e xa só nos falta facer e entregar unha tarefa. Neste punto do ano quero facer una pequena reflexión do que fun facendo ata agora.
Tanto a tâche un como a dúas parecéronme bastante doadas en comparación coa tres e coa catro.
Na primeira actividade tiñamos que presentar a nosa clase, é dicir, ver cantos alumnos eran, que curso e que materia traballamos, e tamén evaluariamos o nivel de francés. Na segunda actividade tivemos que escoller un obxectivo e un contido, así como a metodoloxía coa que iamos traballar. Todo esto axudou a realizar as tarefas tres e catro. Nestas últimas tiñamos que deseñar actividades de comprensión e producción, tanto oral como escrita en francés.
Con estes traballos estamos creando unha especie de unidade didáctica por partes. Xa fixéramos noutras materias programacións didácticas, pero nunca por partes nin en lingua estranxeira. A parte que máis me gustou, aínda que fose a máis complicada foi a deseñar actividades, xa que nun futuro seremos mestres e ese será o noso traballo.
Por outro lado, grazas á realización destas actividades ou tarefas aprendimos a usar distintos programas, como o Goanimate, Prezi, Scribd, Pixton, Hot Potatoes... Estes serven para deseñar actividades ou presentacións, e son recursos moi útiles que debemos ter en conta como futuros docentes.
Xa estamos a piques de rematar o cuatrimestre e xa só nos falta facer e entregar unha tarefa. Neste punto do ano quero facer una pequena reflexión do que fun facendo ata agora.
Tanto a tâche un como a dúas parecéronme bastante doadas en comparación coa tres e coa catro.
Na primeira actividade tiñamos que presentar a nosa clase, é dicir, ver cantos alumnos eran, que curso e que materia traballamos, e tamén evaluariamos o nivel de francés. Na segunda actividade tivemos que escoller un obxectivo e un contido, así como a metodoloxía coa que iamos traballar. Todo esto axudou a realizar as tarefas tres e catro. Nestas últimas tiñamos que deseñar actividades de comprensión e producción, tanto oral como escrita en francés.
Con estes traballos estamos creando unha especie de unidade didáctica por partes. Xa fixéramos noutras materias programacións didácticas, pero nunca por partes nin en lingua estranxeira. A parte que máis me gustou, aínda que fose a máis complicada foi a deseñar actividades, xa que nun futuro seremos mestres e ese será o noso traballo.
Por outro lado, grazas á realización destas actividades ou tarefas aprendimos a usar distintos programas, como o Goanimate, Prezi, Scribd, Pixton, Hot Potatoes... Estes serven para deseñar actividades ou presentacións, e son recursos moi útiles que debemos ter en conta como futuros docentes.
mercredi 27 novembre 2013
TÂCHE 4: AIDER À PRODUIRE
MA CLASSE
Estas actividades van dirixidas
ao alumnado de terceiro curso. Con elas traballaremos a lingua estranxeira en
educación artística, máis concretamente plástica.
OBJETIF
-
Desenvolver unha relación de autoconfianza coa producción artística
persoal, respectando as creacións propias e as das outras persoas, cunha
actitude de interese e de admiración polo distinto e/ou novo, sabendo recibir e
expresar críticas e opinións, e utilizándoas como recurso para a mellora.
CONTENUS
- Busca das posibilidades da cor (tonalidades, gamas…) en contrastes, variacións e combinacións, mesturando diversas clases de pintura, utilizando variados instrumentos e apreciando os resultados sobre diferentes soportes.
- Interese por axustar o proceso de creación, individual ou en grupo, ás intencións previstas, planificando, seleccionando apropiadamente os materiais e instrumentos segundo as súas posibilidades plásticas, decidindo a técnica máis adecuada, usando responsablemente instrumentos, materiais e espazos, asumindo as tarefas, respectando as normas que o grupo establezca e valorando o resultado final.
ACTIVITÉ DE PRODUCTION ORALE
O motivo desta actividade é que, xa dende pequenos, os alumnos deben acostumarse a falar en público para perder a timidez. Ademáis neste caso traballan a lingua estranxeira e algúns conceptos de plástica, que son necesarios que coñezan.
Chaque
élève doit décrire une image. Il ou elle devra que choisir une image. Après il
ou elle a à dire les couleurs qu'il voit, s'ils sont chauds ou froids, s'ils
sont primaires ou secondaires. Ilpeut aussi dire que des formes apparaissent et
les textures qui existent. Cada alumno, na aula, debe describir unha imaxe. Primeiro escollerá a imaxe sobre a que quere falar, e despois dirá os elementos que a compoñen, as cores, formas, que sensacións lles transmiten...
Este vídeo é a explicación do que os alumnos teñen que facer.
Este vídeo é un exemplo de como sería a actividade feita. O alumno expón a imaxe que quere diante dos seus compañeiros.
Os videos son orixinais, pero as imaxes que aparencen neles saqueinas de GOOGLE.
Aquí vos deixo os enlaces:
TEMPS NÉCESSAIRE
Esta
actividade realizarase nunha sesión de 50 minutos, máis concretamente na hora
de plástica. Ao principio da clase a mestra explicará o que hai que facer.
Despois cada alumno irá describindo a imaxe, e así ata rematar.
LES RESSOURCES
Os
materias para realizar esta tarefa son as imaxes e fotos.
Para facer os vídeos usei o Goanimate e as imaxes busqueinas en GOOGLE.
Para facer os vídeos usei o Goanimate e as imaxes busqueinas en GOOGLE.
ACTIVITÉ DE PRODUCTION ÉCRITE
A xustificación desta actividade é que temos que formar a alumnos competentes en lingua estranxeira. Teñen que acostumarse a escribila correctamente, e unha forma divertida de traballar todo isto é en forma de conto.
Pour
cette activité les élèves ont à faire un conte. Pour cela ils utiliseront des
tissus et d'autres matériels. De plus ils ont à écrire l'histoire. Ils sont les
préposés de créer l'histoire et les dessins. Para esta actividade os alumnos teñen que facer un conto. Deben escoller un tema. O conto debe estar en francés. Eles son os encargados de redactar a historia e facer os debuxos. Para facer os debuxos poden usar todos os materias que queiran.
Aquí está a actividade explicada en francés nunha historia, como terían que facer os alumnos. Estes poden facelo así, como un cómic ou coma un conto.
Despois de ler a historia na que se lles explica o que teñen que facer, o alumnado fai o seu propio conto, resultado final sería algo así: uuu
Aquí está a actividade explicada en francés nunha historia, como terían que facer os alumnos. Estes poden facelo así, como un cómic ou coma un conto.
Despois de ler a historia na que se lles explica o que teñen que facer, o alumnado fai o seu propio conto, resultado final sería algo así: uuu
Tanto o cómic como o conto son orixinais.
TEMPS NÉCESSAIRE
Para realizar esta actividade necesítanse dúas sesións de 50 minutos. Na primeira sesión explicaraselle ao alumnado o que ten que facer. A profesora xa levará os materias, polo que os alumnos poden a comezar a actividade. Na segunda sesión os alumnos rematarán a actividade. Ademais, os alumnos que queiran poden ler o seu conto.
Para realizar esta actividade necesítanse dúas sesións de 50 minutos. Na primeira sesión explicaraselle ao alumnado o que ten que facer. A profesora xa levará os materias, polo que os alumnos poden a comezar a actividade. Na segunda sesión os alumnos rematarán a actividade. Ademais, os alumnos que queiran poden ler o seu conto.
LES RESSOURCES
Os
materias que se utilizan para facer esta actividade son: teas, cores,
cartulinas, tesoiras, pegamento, rotuladores, fio…
Para realizar o cómic usei o programa Pixton, mentres que para a realización do conto utilicei o StoryJumper.
Para realizar o cómic usei o programa Pixton, mentres que para a realización do conto utilicei o StoryJumper.
RUBRIQUE RÉFLEXION
Comment t’es-tu
organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Como en todas as tarefas o primeiro que fixen foi
ler un par de veces as instruccións, para ter ben claro o que hai que facer.
Despois tiven que pensar nas actividades. Esto levoume algo de tempo, xa que
non se me ocorrían tarefas que facer. Pero una vez tiven a idea fun facendo a
tarefa paso a paso.
As-tu éprouvé
des difficultés? Lesquelles?
As dificultades que atopei foron que non sabia como
traballar a producción oral e a escrita, non se me ocorria que tarefas poner,
nin como enfocalas. Outra das dificultades foi que, ao igual ca tache 3
pareceume máis complicada ca as anteriores, polo tema de ter que usar
diferentes programas. Tamén tiven que ter en conta que estaba traballando o nivel A2, e non podía poñer actividades moi complicadas.
Qu’est-ce que tu
as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu
as appris d’autre?
Creo que esta tarefa axuda a desenvolver as
competencias que se pretendían.
Ao igual que a anterior, tiven que crear tarefas para os alumnos, usando distintos programas. Esta vez usei un programa novo (StoryJumper) para variar un pouco. Gracias a esta actividade aprendín a usalos mellor e creían tarefas bastante amenas.
Ao igual que a anterior, tiven que crear tarefas para os alumnos, usando distintos programas. Esta vez usei un programa novo (StoryJumper) para variar un pouco. Gracias a esta actividade aprendín a usalos mellor e creían tarefas bastante amenas.
Quel est ton
avis général sur la tâche?
É unha tarefa
moi útil. Como futuros docentes temos que saber deseñar actividades para os
nosos alumnos. Tanto para traballar en lingua inicial como en lingua
estranbxeira. Levoume bastante tempo facela, pero creo que o esforzo valeu a pena.
Tamén nos axuda
a coñecer diferentes recursos como o GOanimate, Hot potatoes, JClic, para utilizar noutros traballos e para crear actividades para os nosos alumnos.
Espero que vos guste a miña actividade! :)
jeudi 14 novembre 2013
TÂCHE 3: FAIRE COMPRENDRE
Estas actividades están dirixidas ao alumnado de terceiro curso de primaria. A materia é educación plástica. Os contidos que se traballan son as cores, os instrumentos e materias, así como as produccións artísticas. Con estas actividades preténdese traballar, ademais dos contidos de plásica, o nivel A2 de francés, xa que o alumnado os dous anos anteriores tivo toma de contacto con esta lingua.
L'ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ORAL
Con esta actividade prétendese que o alumnado saiba o que son as cores primarias e saiba clasificalas en cálidas ou frías. Pode parecer una actividade moi sinxenla para os alumnos de terceiro curso, pero é necesario que teñan ben claro este tema, para poder facer diferentes creacións artísticas usando estas tonalidades. Os alumnos verán dous vídeos e despois responderán unha serie de preguntas.
Na clase os alumnos verán o seguinte vídeo, no que se explica o que son as cores primarias e as cores frías e cálidas.
Despois de visionar ese video, o alumnado verá outro, que di o nome dos cores en francés.
Unha vez visionados ambos vídeos pasamos a segunda parte da actividade que é a que ven a continuación.

ACTIVITÉ D'ÉVALUATION DE LA COMPRÉHENSION ORAL
Para comprobar se os alumnos entederon o que se di nos dous videos, se comprenderon os conceptos..., responderán a unha ficha con preguntas. As respostas deben estar en francés. A ficha é a seguinte:
L'ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE
Coa actividade de comprensión escrita prétendese que o alumnado escriba correctamente en francés ademais de comprender os escritos neste idioma. É moi importante que se acostumen a escribir en lingua estranxeira, para poder dominala e falala axeitadamente.
Para a actividade de compresión escrita, primeiro os alumnos verán un exemplo de historieta con viñetas, no se que lle explica o que teñen que facer.
Despois eles terán que crear a súa propia historia de viñetas. Nas viñetas ten que aparecer texto obrigatoriamente, e este, ademais, ten que estar en francés. Para facelas poden usar os materiais que querian, e a historia a tratar debe ter como tema a educación artística.
O exemplo de cómic é este:
(se pinchades na imaxe vese enteiro)
ACTIVITÉ D'ÉVALUATION
DE LA COMPRÉHENSION ÉCRITE
Una vez rematadas todas as historietas, toca avalialas, para ver se o alumnado comprendeu o que había que facer.
Para avaliar a actividade usarei a seguinte táboa:
LE TEMPS ET LES RESSOUCES
Para a actividade de comprensión oral usaremos unha sesión de 50 minutos de duración. Os primeiros 15 minutos serán para visionar os vídeos. O tempo restante será para que os alumnos respondan ás preguntas da ficha.
Para a actividade de comprensión escrita usaremos dúas sesións de 50 minutos. Na primeira sesión explicárase o que é un comic, verán o exemplo mostrado máis arriba e comezarán a facer o seu propio. Na segunda sesión rematarán de facelo.
Os recusos para levar acabo as actividades son:
Ordenador, altavoces, proxector e pantalla, lápices de cores, folios, rotuladores, bolígrafos (todo aquilo que o alumnado queira usar para facer o seu cómic) fotocopias das fichas que teñen que cubrir.
RUBRIQUE RÉFLEXION
a) Antes de comezar a actividade lin as instruccións para ter ben claro o que había que facer. Despois comecei por pensar as actividades ce comprensión oral e a comprensión escrita. Á hora de facela comecei pola de comprensión ora, logo pola escrita. O último que dedicín foi a duración das actividades e os recursos.
b)Esta tarefa doume máis problemas que as anteriores. Non sabía como traballar a educación plástica en lingua francesa, non tiña ideas para as actividades, estaba bastante perdida. Pero despois de ler os contidos xa me viñeron ideas á cabeza e foi algo máis doado.
c) Grazas a esta actividade aprendín a usar diferentes progamas para crear videos, cómics, asi como a deseñar actividades. Crear actividades xa o fixera noutros traballos, pero nunca en lingua estranxeira, e iso custou un poco. Pero agora xa estou máis preparada para elaborar máis.
d) Esta actividade, ata agora, foi a máis complicada baixo o meu punto de vista. Tamén creo que é coa que máis aprendín, xa que tes que pensar que queres traballar, pensar as actividades, como avalialas, e todo iso facelo en lingua estranxeira. A esta actividade tamén lle dediquei máis tempo que as anteriores. En definitiva, creo que é una actividade moi completa e moi complexa.
mercredi 23 octobre 2013
Bonjour!
Despois de ter isto abandoado unhas semanas, volvo a actualizalo.
Neste tempo na clases explicáronse os seguintes temas:
1) Os distintos tipos de centros (públicos, privados e concertados) e as características do centro escolar. Tamén vimos a tracidión pedagóxica, a relación entre profesor e alumno e os obxectivos que se teñen que marcar para a adquisición de novas linguas.
2)Os niveis do CECRL (documento creado para elaborar programas de educación, desenvolver unha aprendizaxe de idiomas e otorgar unha certificación no idioma estudado. Os niveis son: A1, A2, B1, B2, C1 e C2. Sendo o A1 o máis básico e o C2 o máximo nivel que se pode alcanzar.
3)As diferentes metodoloxías, que foron variando e adaptándose co paso do tempo. Os métodos máis destacados son: método tradicional, método directo, método activo, metodología de MAO-MAV, metodología de SGAV.
mardi 22 octobre 2013
jeudi 26 septembre 2013
lundi 16 septembre 2013
La première classe
Nesta entrada vou contar como foi a primeira clase de francés deste curso.
A verdade é que ao principio non estaba moi segura de cursar a materia de francés, xa que non teño un nivel moi alto (solo dei dous anos de francés na ESO).
Tíñalle algo de medo á primeira clase, xa que pensaba que non ía entender nada do que dixera o profesor, xa que esta ía falar durante dúas horas en francés. Pero a verdade é que entendín case todo (menos alguna que outra palabra)as explicacións do profesor eran claras, e tiñamos o power point como guía. Era moi importante estar atento para non perderte.
Carlos falounos dos tipos de linguas:
-Langue initiale
-Langue seconde
-Langue étrangère
-Langue habituelle
-Langue de travail
-Langue véhiculaire
Xa irei contando como van o resto das clases e irei subindo as tarefas.
Au revoir :)
vendredi 13 septembre 2013
Bonjour, comment ça va?
Benvidos ao meu blog.
Au revoir
Inscription à :
Articles (Atom)