Libellés

samedi 11 janvier 2014

Les Rubriques

Como futuros docentes temos que buscar e utilizar diferentes recursos á hora de avaliar aos nosos alumnos. Unha boa ferramenta de avaliación son as rúbricas.
Unha rúbrica é un conxuntos de ítems e criterios que se utilizan para avaliar o nivel de desenvolvemento dunha tarefa ou exercicio. A rúbrica componse de criterios, niveis de execución e valores ou puntuación segundo a escala.Permite que tanto profesores e alumnos avalien e promove a reflexión e revisión. En definitiva, é unha forma clara, integradora e específica para avaliar.

Podemos elaborar rúbricas nós mesmos no Word, no Open Office ou nesta páxina Rubistar que nos axuda a crear estas ferramentas de gran calidade. Esta páxina danos plantillas a partir das cales podemos elaborar as nosas ferramentas de avaliación personalizadas.

vendredi 3 janvier 2014

SALUT!

Boas a todos!
Hoxe quería falar dos recursos educativos. Como futuros docentes temos que estar formándonos, buscando información, materiais, instrumentos...,continuamente, para poder aplicalos la aula co noso alumnado.
Buscando recursos sobre francés atopei esta páxina http://recursostic.educacion.es/lenguas/francaventure/web/ e paréceme que está moi ben. O menú principal está dividido entre profesorado, alumnado e público. Para acceder aos contidos pinchase nun deses menús.
Por exemplo se pinchamos en público accedemos á explicación do proxecto, os niveis da lingua, e a outros enlaces.
Penso que está páxina pode ser de gran axuda co noso alumnado para iniciarse na lingua francesa.

Tamén hai esta páxina http://apacarmenconde.es/joomla/index.php?option=com_weblinks&catid=25&Itemid=55 na que temos actividades, explicación de gramática, ortografía, enlaces, exercicios interactivos.

Estes recursos son unha moi boa forma de traballar os contidos.


ÉVALUATION DES COMPAGNONS

Hoxe quería falarvos do método de avaliación das "tâches".
Para avaliar as tarefas o profesor creaba grupos de avaliación, estes grupos non eran os mesmos en cada actividade, senón que ían cambiando.
Cada un de nós tiña que avaliar aos membros do seu grupo, para iso, tiñas que cubrir un cuestionario cunha serie de preguntas e descriptores. Tiñas que avaliar toda a actividade do compañeiro ou compañeira seguindo eses parámetros ou descriptores.
E aínda que isto pareza sinxelo non o é. Persoalmente esta foi unha das partes da materia que menos me gustou. Non me vía capacitada, por asi decilo, para avaliar e decidir que tarefas cumprían os obxectivos e cales non. Intentei ser o máis obxectiva posible e xusta, pois non quería que ninguén saise perxudicado.
Tamén debo dicir que aínda que esta parte da materia non me entusiasmase foi bo traballala, xa que como futura mestra vou ter que avaliar aos meus alumnos, vou ter que ter claros uns criterios, uns obxectivos e uns parámetros que quero conseguir na aula. E grazas a avaliarnos os unos aos outros xa teño unha base para poder facelo.