Libellés

jeudi 28 novembre 2013

RÉFLEXION

Boas a todos :)
Xa estamos a piques de rematar o cuatrimestre e xa só nos falta facer e entregar unha tarefa. Neste punto do ano quero facer una pequena reflexión do que fun facendo ata agora.
Tanto a tâche un como a dúas parecéronme bastante doadas en comparación coa tres e coa catro.
Na primeira actividade tiñamos que presentar a nosa clase, é dicir, ver cantos alumnos eran, que curso e que materia traballamos, e tamén evaluariamos o nivel de francés. Na segunda actividade tivemos que escoller un obxectivo e un contido, así como a metodoloxía coa que iamos traballar. Todo esto axudou a realizar as tarefas tres e catro. Nestas últimas tiñamos que deseñar actividades de comprensión e producción, tanto oral como escrita en francés.
Con estes traballos estamos creando unha especie de unidade didáctica por partes. Xa fixéramos noutras materias programacións didácticas, pero nunca por partes nin en lingua estranxeira. A parte que máis me gustou, aínda que fose a máis complicada foi a deseñar actividades, xa que nun futuro seremos mestres e ese será o noso traballo.
Por outro lado, grazas á realización destas actividades ou tarefas aprendimos a usar distintos programas, como o Goanimate, Prezi, Scribd, Pixton, Hot Potatoes... Estes serven para deseñar actividades ou presentacións, e son recursos moi útiles que debemos ter en conta como futuros docentes.

mercredi 27 novembre 2013

TÂCHE 4: AIDER À PRODUIRE

MA CLASSE

Estas actividades van dirixidas ao alumnado de terceiro curso. Con elas traballaremos a lingua estranxeira en educación artística, máis concretamente plástica.

OBJETIF
-      Desenvolver unha relación de autoconfianza coa producción artística persoal, respectando as creacións propias e as das outras persoas, cunha actitude de interese e de admiración polo distinto e/ou novo, sabendo recibir e expresar críticas e opinións, e utilizándoas como recurso para a mellora.

CONTENUS
  • Busca das posibilidades da cor (tonalidades, gamas…) en contrastes, variacións e combinacións, mesturando diversas clases de pintura, utilizando variados instrumentos e apreciando os resultados sobre diferentes soportes.
  • Interese por axustar o proceso de creación, individual ou en grupo, ás intencións previstas, planificando, seleccionando apropiadamente os materiais e instrumentos segundo as súas posibilidades plásticas, decidindo a técnica máis adecuada, usando responsablemente instrumentos, materiais e espazos, asumindo as tarefas, respectando as normas que o grupo establezca e valorando o resultado final. 

ACTIVITÉ DE PRODUCTION ORALE

O motivo desta actividade é que, xa dende pequenos, os alumnos deben acostumarse a falar en público para perder a timidez. Ademáis neste caso traballan a lingua estranxeira e algúns conceptos de plástica, que son necesarios que coñezan.

Chaque élève doit décrire une image. Il ou elle devra que choisir une image. Après il ou elle a à dire les couleurs qu'il voit, s'ils sont chauds ou froids, s'ils sont primaires ou secondaires. Ilpeut aussi dire que des formes apparaissent et les textures qui existent. Cada alumno, na aula, debe describir unha imaxe. Primeiro escollerá a imaxe sobre a que quere falar, e despois dirá os elementos que a compoñen, as cores, formas, que sensacións lles transmiten...

Este vídeo é a explicación do que os alumnos teñen que facer. 


Este vídeo é un exemplo de como sería a actividade feita. O alumno expón a imaxe que quere diante dos seus compañeiros. 



Os videos son orixinais, pero as imaxes que aparencen neles saqueinas de GOOGLE. 
Aquí vos deixo os enlaces:

TEMPS NÉCESSAIRE
Esta actividade realizarase nunha sesión de 50 minutos, máis concretamente na hora de plástica. Ao principio da clase a mestra explicará o que hai que facer. Despois cada alumno irá describindo a imaxe, e así ata rematar.

LES RESSOURCES
Os materias para realizar esta tarefa son as imaxes e fotos. 
Para facer os vídeos usei o Goanimate e as imaxes busqueinas en GOOGLE.


ACTIVITÉ DE PRODUCTION ÉCRITE


A xustificación desta actividade é que temos que formar a alumnos competentes en lingua estranxeira. Teñen que acostumarse a escribila correctamente, e unha forma divertida de traballar todo isto é en forma de conto.

Pour cette activité les élèves ont à faire un conte. Pour cela ils utiliseront des tissus et d'autres matériels. De plus ils ont à écrire l'histoire. Ils sont les préposés de créer l'histoire et les dessins. Para esta actividade os alumnos teñen que facer un conto. Deben escoller un tema. O conto debe estar en francés. Eles son os encargados de redactar a historia e facer os debuxos. Para facer os debuxos poden usar todos os materias que queiran.

Aquí está a actividade explicada en francés nunha historia, como terían que facer os alumnos. Estes poden facelo así, como un cómic ou coma un conto.


Despois de ler a historia na que se lles explica o que teñen que facer, o alumnado fai o seu propio conto, resultado final sería algo así: uuu





Tanto o cómic como o conto son orixinais.


TEMPS NÉCESSAIRE
Para realizar esta actividade necesítanse dúas sesións de 50 minutos. Na primeira sesión explicaraselle ao alumnado o que ten que facer. A profesora xa levará os materias, polo que os alumnos poden a comezar a actividade. Na segunda sesión os alumnos rematarán a actividade. Ademais, os alumnos que queiran poden ler o seu conto. 

LES RESSOURCES
Os materias que se utilizan para facer esta actividade son: teas, cores, cartulinas, tesoiras, pegamento, rotuladores, fio…
Para realizar o cómic usei o programa Pixton, mentres que para a realización do conto utilicei o StoryJumper.

RUBRIQUE RÉFLEXION


Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Como en todas as tarefas o primeiro que fixen foi ler un par de veces as instruccións, para ter ben claro o que hai que facer. Despois tiven que pensar nas actividades. Esto levoume algo de tempo, xa que non se me ocorrían tarefas que facer. Pero una vez tiven a idea fun facendo a tarefa paso a paso.

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
As dificultades que atopei foron que non sabia como traballar a producción oral e a escrita, non se me ocorria que tarefas poner, nin como enfocalas. Outra das dificultades foi que, ao igual ca tache 3 pareceume máis complicada ca as anteriores, polo tema de ter que usar diferentes programas. Tamén tiven que ter en conta que estaba traballando o nivel A2, e non podía poñer actividades moi complicadas.

Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Creo que esta tarefa axuda a desenvolver as competencias que se pretendían.
Ao igual que a anterior, tiven que crear tarefas para os alumnos, usando distintos programas. Esta vez usei un programa novo (StoryJumper) para variar un pouco. Gracias a esta actividade aprendín a usalos mellor e creían tarefas bastante amenas. 

Quel est ton avis général sur la tâche?
É unha tarefa moi útil. Como futuros docentes temos que saber deseñar actividades para os nosos alumnos. Tanto para traballar en lingua inicial como en lingua estranbxeira. Levoume bastante tempo facela, pero creo que o esforzo valeu a pena. 
Tamén nos axuda a coñecer diferentes recursos como o GOanimate, Hot potatoes, JClic,  para utilizar noutros traballos e para crear actividades para os nosos alumnos.



Espero que vos guste a miña actividade! :)



jeudi 14 novembre 2013

TÂCHE 3: FAIRE COMPRENDRE

Estas actividades están dirixidas ao alumnado de terceiro curso de primaria. A materia é educación plástica. Os contidos que se traballan son as cores, os instrumentos e materias, así como as produccións artísticas. Con estas actividades preténdese traballar, ademais dos contidos de plásica, o nivel A2 de francés, xa que o alumnado os dous anos anteriores tivo toma de contacto con esta lingua.



L'ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ORAL

Con esta actividade prétendese que o alumnado saiba o que son as cores primarias e saiba clasificalas en cálidas ou frías. Pode parecer una actividade moi sinxenla para os alumnos de terceiro curso, pero é necesario que teñan ben claro este tema, para poder facer diferentes creacións artísticas usando estas tonalidades. Os alumnos verán dous vídeos e despois responderán unha serie de preguntas.
Na clase os alumnos verán o seguinte vídeo, no que se explica o que son as cores primarias e as cores frías e cálidas. 





Despois de visionar ese video, o alumnado verá outro, que di o nome dos cores en francés. 



Unha vez visionados ambos vídeos pasamos a segunda parte da actividade que é a que ven a continuación.



ACTIVITÉ D'ÉVALUATION DE LA COMPRÉHENSION ORAL


Para comprobar se os alumnos entederon o que se di nos dous videos, se comprenderon os conceptos..., responderán a unha ficha con preguntas. As respostas deben estar en francés. A ficha é a seguinte:






L'ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE

Coa actividade de comprensión escrita prétendese que o alumnado escriba correctamente en francés ademais de comprender os escritos neste idioma. É moi importante que se acostumen a escribir en lingua estranxeira, para poder dominala e falala axeitadamente.
Para a actividade de compresión escrita, primeiro os alumnos verán un exemplo de historieta con viñetas, no se que lle explica o que teñen que facer. 

Despois eles terán que crear a súa propia historia de viñetas. Nas viñetas ten que aparecer texto obrigatoriamente, e este, ademais, ten que estar en francés. Para facelas poden usar os materiais que querian, e a historia a tratar debe ter como tema a educación artística.


O exemplo de cómic é este:

(se pinchades na imaxe vese enteiro)


ACTIVITÉ D'ÉVALUATION DE LA COMPRÉHENSION ÉCRITE


Una vez rematadas todas as historietas, toca avalialas, para ver se o alumnado comprendeu o que había que facer.


Para avaliar a actividade usarei a seguinte táboa:



LE TEMPS ET LES RESSOUCES

Para a actividade de comprensión oral usaremos unha sesión de 50 minutos de duración. Os primeiros 15 minutos serán para visionar os vídeos. O tempo restante será para que os alumnos respondan ás preguntas da ficha.

Para a actividade de comprensión escrita usaremos dúas sesións de 50 minutos. Na primeira sesión explicárase o que é un comic, verán o exemplo mostrado máis arriba e comezarán a facer o seu propio. Na segunda sesión rematarán de facelo.

Os recusos para levar acabo as actividades son:
Ordenador, altavoces, proxector e pantalla, lápices de cores, folios, rotuladores, bolígrafos (todo aquilo que o alumnado queira usar para facer o seu cómic) fotocopias das fichas que teñen que cubrir.



RUBRIQUE RÉFLEXION


a) Antes de comezar a actividade lin as instruccións para ter ben claro o que había que facer. Despois comecei por pensar as actividades ce comprensión oral e a comprensión escrita. Á hora de facela comecei pola de comprensión ora, logo pola escrita. O último que dedicín foi a duración das actividades e os recursos.

b)Esta tarefa doume máis problemas que as anteriores. Non sabía como traballar a educación plástica en lingua francesa, non tiña ideas para as actividades, estaba bastante perdida. Pero despois de ler os contidos xa me viñeron ideas á cabeza e foi algo máis doado.

c) Grazas a esta actividade aprendín a usar diferentes progamas para crear videos, cómics, asi como a deseñar actividades. Crear actividades xa o fixera noutros traballos, pero nunca en lingua estranxeira, e iso custou un poco. Pero agora xa estou máis preparada para elaborar máis.

d) Esta actividade, ata agora, foi a máis complicada baixo o meu punto de vista. Tamén creo que é coa que máis aprendín, xa que tes que pensar que queres traballar, pensar as actividades, como avalialas, e todo iso facelo en lingua estranxeira. A esta actividade tamén lle dediquei máis tempo que as anteriores. En definitiva, creo que é una actividade moi completa e moi complexa.