Boas a todos :)
Xa estamos a piques de rematar o cuatrimestre e xa só nos falta facer e entregar unha tarefa. Neste punto do ano quero facer una pequena reflexión do que fun facendo ata agora.
Tanto a tâche un como a dúas parecéronme bastante doadas en comparación coa tres e coa catro.
Na primeira actividade tiñamos que presentar a nosa clase, é dicir, ver cantos alumnos eran, que curso e que materia traballamos, e tamén evaluariamos o nivel de francés. Na segunda actividade tivemos que escoller un obxectivo e un contido, así como a metodoloxía coa que iamos traballar. Todo esto axudou a realizar as tarefas tres e catro. Nestas últimas tiñamos que deseñar actividades de comprensión e producción, tanto oral como escrita en francés.
Con estes traballos estamos creando unha especie de unidade didáctica por partes. Xa fixéramos noutras materias programacións didácticas, pero nunca por partes nin en lingua estranxeira. A parte que máis me gustou, aínda que fose a máis complicada foi a deseñar actividades, xa que nun futuro seremos mestres e ese será o noso traballo.
Por outro lado, grazas á realización destas actividades ou tarefas aprendimos a usar distintos programas, como o Goanimate, Prezi, Scribd, Pixton, Hot Potatoes... Estes serven para deseñar actividades ou presentacións, e son recursos moi útiles que debemos ter en conta como futuros docentes.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire