Despois de ter isto abandoado unhas semanas, volvo a actualizalo.
Neste tempo na clases explicáronse os seguintes temas:
1) Os distintos tipos de centros (públicos, privados e concertados) e as características do centro escolar. Tamén vimos a tracidión pedagóxica, a relación entre profesor e alumno e os obxectivos que se teñen que marcar para a adquisición de novas linguas.
2)Os niveis do CECRL (documento creado para elaborar programas de educación, desenvolver unha aprendizaxe de idiomas e otorgar unha certificación no idioma estudado. Os niveis son: A1, A2, B1, B2, C1 e C2. Sendo o A1 o máis básico e o C2 o máximo nivel que se pode alcanzar.
3)As diferentes metodoloxías, que foron variando e adaptándose co paso do tempo. Os métodos máis destacados son: método tradicional, método directo, método activo, metodología de MAO-MAV, metodología de SGAV.