Chegamos ao fin do cuadrimestre, é dicir, rematamos con esta materia, lingua francesa e a súa didáctica.
Ao principio do curso tiña algo de medo, xa que só dera francés na ESO e pensaba que non tiña nivel suficiente para entender e poder realizar os traballos axeitadamente. Pero a verdade é que pouco a pouco íase entendendo todo e as cousas saían soas.
As clases teóricas (horas A) eran algo pesadas xa que se explicaba a teoría para facer as actividades. Ademais a isto sumábase que eran pola tarde, polo que todos nós estabamos cansos.
Nas horas prácticas (B) o profesor explicaba as tarefas que tiñamos que facer e tamén dos daba exemplos das mesmas. Cousa que servía de gran axuda para orientarnos mellor sobre o que había que facer.
As horas prácticas C dábaas outra profesora, con ela víamos vocabulario, e facíamos xogos para introducirnos na lingua francesa.
Por outro lado, todos os traballos desta materia están neste blog, xa que esa é a súa función principal. Ademais dos traballos no blog podemos escribir sobre recursos educativos, experiencias sobre as linguas, ou calquer cousa relacionada coa educación
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire