Libellés

mercredi 18 décembre 2013

Réflexion: TÂCHE 5

Pois chegamos a última tarefa do curso. Nesta tiñamos que elaborar un método de avaliación para avaliar as actividades que fixemos na tarefa 4 desta materia. No meu caso elaborei dúas rúbricas e un cuestionario que debe cubrir o alumnado. Ao principio non sabía que ía avaliar, pero despois de repasar as actividades anteriores decidín que debía ter en conta na avaliación a correcta ortografía, coherencia na expresión oral e escrita, etc.
Esta actividade foi algo complexa xa que había que ter en conta os obxectivos, os contidos, o nivel de lingua estranxeira que se lle esixía aos alumnos, e a partir de todo isto elaborar o tipo de avaliación.
Penso que esta tarefa é moi útil xa que cada un de nós, como futuros docentes teremos que avaliar aos nosos alumnos, debemos ter en conta os contidos que se traballan, os obxectivos que quedemos acadar, e que criterios imos avaliar. Esta actividade fixo que puxese en práctica todo iso.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire